Diciembre 2011
93 publicaciones nuevas
”Na primeira fase da partida tratas de conseguir vantaxe; na segunda, de consolidala; na terceira, sabes que perderás…” ….Savielly Tartakover (gran mestre internacional polonés e francés de xadrez)
Y sé que tu reinado es falso, y ves que yo lo he señalado y ya soy tu gran incomodidad. Y sé que si no hacemos algo el hielo durará mil años, ¿crees que alguien nos encontrará?
Ganas tú el segundo asalto, y lo haces sin mover tus brazos. Esto sí fue un gran impacto. Golpeas bien, lo haces bien. Y aún hay más, cuenta mil pasos, ahora me doblas la distancia y sumas cien. ¿Lo estás oyendo bien? ¿Lo has entendido bien?
Álvaro de Campos (via partidoemfranja
)
Xa.
¿E a nosa
efémera historia,
tinxida de soños que…?
¿Talvez
o seu floreo
naquel luminoso
día no que eu levantei
os ollos cara ti, capturado,
por uns intres desorientado…?
Os
teus-meus
ollos, de irresistibles miradas,
como ventanas abertas á vertixe.
Excitado
pola velocidade,
na mente infectada
gañaron altura errática
resplandores inquietantes,
como flashses turbulentos.
Os
signos
precursores
da circulación
fluída caeron
en enxurradas,
con estrépito,
impetuosos,
e o incidente
inflamou
a esencia
como urxente dose de morfina.
Mais
as túas páxinas encristadas
(“tengo mi vida, tengo mis cosas”)
salpicaron o noso horizonte
de cute enfermiza, con estridencia,
e saciamos a nosa sede de corpos amados
en pozas de cristal e refuxiámonos na soidade.
E
as
nosas
complicidades,
xa sen cor nin consistencia,
latexaron nunha maraña
de ondas de tensión
e no sagrario
comezamos
a redactar
con vivísima
e pantagrúelica
intensidade
lámpadas inertes
para o inelutable
lusco e fusco
no que aclimatamos
a nosa indecisión .
E o inverno pirata
pediu paso para marcar os nosos pasos.
……………….. José Estévez.